Os
nenos de Educación Infantil, participaron no Salón do Libro.
Este
ano a temática eran as MÁQUINAS, e os nenos crearon un tren das
emocións.
Ademais
cada aula, inventou un conto, e cada conto, falaba dunha emoción. Os
contos subiron ó tren, e este foi pola vía ata o auditorio de
Pontevedra, onde se expoñían os traballos de tódolos coles.
E
aquí están os autores, no percorrido que fixeron, diante do seu
tren; antes tiveron sesión de conta-contos; puideron pedir un
desexo, na máquina dos desexos, e mirar como eran por dentro as
computadoras e os reloxos.
Os
nenos disfrutaron con todo o proxecto.
Comentarios
Publicar un comentario