Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil do Colexio Sagrado Corazón de Praceres mergullámonos nunha aventura chea de cor, creatividade e aprendizaxe. Baixo o título "A auga que volve a nós", os 42 alumnos e alumnas da clase traballamos de xeito cooperativo para crear un gran mural-maqueta que explica o ciclo urbano da auga e así participar no primeiro concurso da Deputación de Pontevedra "A viaxe de Gotiña".
O obxectivo principal foi descubrir de onde vén a auga que bebemos e como se limpa para que sexa potable. Ademais de aprender conceptos complexos dun xeito lúdico, este proxecto axudounos a valorar a importancia de coidar o medio ambiente e a traballar en equipo.
Para construír o noso pequeno mundo, utilizamos unha gran variedade de materiais, moitos deles reciclados para promover a sustentabilidade:
- Construcións: Usamos caixas de cartón para representar edificios emblemáticos como o Concello, a igrexa da Peregrina e o noso propio colexio.
- Canalizacións: Os tubos de papel de diferentes tamaños e as pallas serviron para simular as tubaxes que levan a auga.
- Elementos naturais: Usamos material illante para as nubes, area e terra real para a praia, e diferentes papeis de cores (azul para a auga e marrón para os restos sólidos).
- Fauna local: Os nenos e nenas debuxaron e recortaron golfiños, cangrexos, aves e ata un xabaril.
O proceso tivo varias etapas moi emocionantes e implicación de todo o alumnado foi máxima. Practicamos o noso debuxo, o recorte e a pintura, pero sobre todo, disfrutamos aprendendo xuntos. O resultado final é unha maqueta impresionante que agora podes visitar nun dos corredores do noso colexio.
Este mural servíunos tamén de comezo para o noso proyecto H2O, no que os maiores de Educación explicamos aos máis pequenos toda a viaxe que realiza a auga antes de chegar ás nosas casas.
Estamos moi felices e orgullosos do traballo realizado! Se queres ver todo o proceso en imaxes ou vídeo, non perdas o vídeo a continuación:
Comentarios
Publicar un comentario