Comezou o curso e a primeira experiencia conxunta de toda a Educación Infantil do colexio foi a da actividade da vendima.
Tivemos moitas celebracións para ir coñecendo as estacións e o paso do tempo no curso escolar coma “O Magosto”, “O Samaín”, “A exposición de cabazas”… neste primeiro trimestre, pero as uvas xa estaban maduras en setembro e tivemos que poñernos a vendimar.
Os nenos e nenas dos tres aos cinco anos recolleron acios de uvas e exprimíronos coas súas mans, descubrindo diferentes tipos de uvas e experimentando a sensación de pasar unhas froitas sólidas a un líquido, o “Mosto”.
Estudiamos a planta, as súas partes, estados e maduración, dende que se planta ata que se pode consumir o mosto ou o viño.
Finalmente fixemos unha cata de mosto tinto e branco para acompañar a merenda. Pasámolo moi ben!
Comentarios
Publicar un comentario