Enterro da Sardiña e do Ravachol

 Con magoa no corazón despedimos o Entroido. Ata o ano que ven non poderemos disfrutar do seu gozo. Tras pintar a Sardiña e poñer plumas ao Ravachol, comemos filloas, orellas e flores e bailamos a cachón. Cos nosos mellores disfraces, con antefaces e caroutas, as rapazas e os rapaces festexamos estas festas.

Cando o Entroido remata non hai que estar apenado, pois cando volvan estas datas volveremos a festexalo. Dende Praceres dicimos que xa fixemos de todo, que cantamos e bailamos... e que viva o Entroido!



Comentarios