Un Mar de Verbas

Este domingo 17 de maio é o día das Letras Galegas. Nesta edición, adicada á figura do escritor de orixe ferrolán Ricardo Carvalho Calero (1910-1990), ainda que formalmente a Academia da Lingua traslada a celebración oficial a outubro.


Carvalho Calero foi indiscutiblemente unha das figuras máis importantes da cultura na Galicia do século XX, xa que foi: crítico literario, filólogo, novelista, historiador da literatura galega, docente, académico, lingüista... Un amante e defensor da cultura e a lingua galegas.

Na súa memoria, este ano queremos facer un mar de verbas, os mestres e o alumnado de Educación Infantil compartiremos as nosas verbas favoritas da nosa fermosa lingua.

O galego está cheo de fermosas palabras, que alumean as nosas almas, enchen as nosas bocas e quentan o corazón, cubrindo as nosas vidas de beleza.

Comentarios