Os alumnos/as de 4º de Educación Infantil remataron o proxecto "Vestimos ao duende". Para vestir ao duende, tivemos que ir a buscar follas así que fomos de paseo ao parque de Praceres.
Coas follas puidemos decorar as aulas, e facer distintos traballos individuais. O corredor quedou precioso cos eirizos decorados na casa coas familias, e os froitos de outono que foron traendo.
Para rematar, houbo unha gran festa do outono, con disfraz, merenda e baile.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
Comentarios
Publicar un comentario