Un bosque encantado

O pasado xoves 16 de Novembro os alumnos/as de 5º de Infantil rematamos o noso proxecto "O bosque encantado" cunha visita ao Pazo de Lourizan. 

Co noso guía David puidemos visitar o bosque do Pazo no que topamos árbores traidas de todo o mundo, fermosas covas , moitas follas, algunha seta e algún que outro duende. 

 

Abrazamos as secuoias, puidemos merendar disfrutando das vistas do pazo e xogamos nun entorno privilexiado.






Moitas grazas ao noso guía David que nos fixo tan interesante a visita e os duendes que nos acompañaron no camiño.

Comentarios