Visitando Apípolis

O pasado venres 24 de Abril os nenos/as de 5 anos e as aulas Vermella e Amarela realizamos a nosa excursión de fin de curso á Granxa Apípolis.
Alí puidemos aprender todo o relativo ás abellas: por que son importantes, onde viven, que productos nos dan, etc.
Tivemos tamén varios talleres nos que elaboramos galletas de mel , velas e puidemos levar para a casa un tarriño de mel.

Unha das actividades que máis lles gustou foi poder vestirse de apicultores e entrar de cerca a ver ás abellas.
Como xa somos maiores, esta foi a primeira excursión na que comeron fora da casa. Foi toda unha experiencia para eles. Despois de comer puideron disfrutar duns intres de xogos con balóns e cancións variadas por parte dos monitores.


Comentarios