Disfrutando do Nadal

O pasado trimestre puidemos disfrutar no colexio dunha das datas máis importantes do ano: O Nadal. Pero o Nadal non son só os días festivos senon que se trata dun camiño que todo Infantil recorreu: O Advento. A través de distintos murais, oracións, lecturas e actividades preparamos a chegada no neno Xesús.


 Realizamos tamén distintas actividades ante a chegada do frío do Inverno.



 E chegou un dos grandes días destas datas: as funcións de Nadal. Familias, nenos/as e profes estabamos dexesando ver como tódolos duros días de ensaio daban os seus froitos. Dende o equipo de Infantil queremos dar as grazas a tódalas familias polo seu gran traballo á hora da realización dos traxes para as distintas obras, os nenos/as estaban incribles.

Para rematar este primeiro trimestre as súas maxestades os Reis Magos visitaron o noso colexio e os nenos/as estaban impacientes por velos. Antes da sua chegada botamos a carta no buzón real e apreciamos o Belén que elaboraron os profes e rapaces da ESO.

E así rematou o noso primeiro Trimestre do curso 2014-15, cheo de ilisións e bos desexos para o novo ano. Moitas grazas as familias e a ANPA pola sua colaboración. 





Comentarios