Disfrutando do Magosto

O pasado 14 de Novembro festexamos no colexio o xa tradicional Magosto. Foi unha semana moi intensa e chea de actividades, na que preparamos as nosas manualidades para un día tan especial, decoramos as nosas caixas para as castañas, fixemos poemas, cantamos, bailamos,disfrazámonos etc.


Cando xa ttiñamos as clases listas baixamos a polas nosas castañas que a A.M.P.A. do colexio tan amablemente nos asou. E xa listos coas castañas e a bebida que nos ofreceron, voltamos ás clases para poder comelas xa con calma.


Disfrutamos dun moi feliz Magosto 2014. ¡¡Moitas grazas ós que o fixeron posible!!

Comentarios