Visita ó Zoo



O mércores 4 de Xuño, os nenos/as de 4º de Educación Infantil mais Aula Vermella fomos de visita ó Zoo da Madroa en Vigo. Saímos do colexio coas nosas mochilas cargadas de ilusión e de ricas merendas ,que tomamos alí, nada mais chegar, para coller forzas. 

Despois da merenda dirixímonos á entrada, onde nos agardaban dous agradables monitores que nos guiáron por todo o recinto e nos ensinaron moitas curiosidades sobre os animales que atopabamos polo percorrido. Algúns escondíanse ó sentirnos chegar, pero outros, coma os osos exhibíronse a placer. 




Voltamos para o cole algo cansos, pero con ganas de coñecer mais cousas dos animais.

Comentarios