¡Graduámonos!


Que día tan maravilloso e triste á vez. Os nenos/as marchan a Primaria, danos moita pena pero sabemos que se esforzaron moitísimo e están preparados. 


Moitísimas grazas a tódolos pais, nais, avós...polas mostras de cariño, polas palabras entrañables que nos adicaron, nunca as esqueceremos. Grazas tamén ás profes que ó longo destes tres anos de Infantil deixaron as súas ensinanzas, aprendizaxes e cariño nos alumnos/as: Carmen, Maika, Bea, Dori,Cruz, Lola,  Rosi e moitas máis. Grázas tamén a tódalas compañeiras que axudaron na decoración, montaxe, etc. e que tamén fixeron posible que saíra todo estupendamente hoxe. E sobre todo, moitísimas grazas a tódos e cada un dos nenos/as que hoxe se graduaron porque recibimos de vós moitos momentos que serán difíciles de esquecer.

Joaqui, Ampa, Silvia


Aquí deixamos o vídeo coas fotos dos momentos vividos nestes tres anos. Promoción 2011.2014

Comentarios