"Un paso adiante i outro atrás, Galiza..."

Na semana das Letras Galegas os alumnos/as de Educación Infantil e as aulas vermella, amarela e verde coñecemos parte da vida e obra de Xose María Díaz castro

 a través de murais:

Ademáis adicamos a semana a ler poesías de distintos poetas galegos e os nenos/as de 5 anos copiaron os poemas que máis lles gustaron para facer un pequeno libro de poemas galegos:


 Os nenos/as de 4 anos elaboramos unha pequena biografía do autor recollendo algúns dos seus datos máis significativos e un dos poemas que máis nos gustou.
 

Como fin de festa tivémola sorte de poder disfrutar dun pequeno festival presentado polos alumnos/as do 1º ciclo de Primaria no que actuaron os nenos de 1º e 2º curso de primaria recitando algúns poemas e cos pandereteiros da "Asociación Cultural de San Cibran de Tomeza" que cantaron para nós algunhas típicas cancións galegas. ¡Moitísimas grazas a todos eles pola sua participación!




Comentarios