Durante toda a semana e ese gran día puidemos rezar con Sofia nalgúns dos lugares máis significativos do colexio.
Ante a previsión de mal tempo a eucaristía celebrouse na capela do colexio e os nenos/as de 5 anos participaron nela cantando o Himno dos Grupos Barat, canción dedicada a Magdalena Sofía.
Os alumnos/as de 5 anos tamén decoraron o colexio cun precioso mural dedicado á Santa Nai.
Para merendar a nosa cociñeira Yolanda elaborou un delicioso biscoito do qeu non deixamos miga ningunha. ¡Grazas!
Tódolos nenos de Infantil adicamos neste día un bonito debuxo para a nosa fundadora.
Para rematar este gran día puidemos disfrutar dunha gran actuación: o Mago Deimi, promovida por unha familia de Educ. Inf., que abraiou os nenos/as de Educación Infantil, Especial e 1º,2º e 3º ciclo de Primaria. Os alumnos/as disfrutaron da maxia nun día máxico e especial para o Sagrado Corazón.
Comentarios
Publicar un comentario