Páginas

domingo, 4 de mayo de 2014

¡Aí ven o Maio!

Aí ven o Maio cheo de fiunchos, ovos, laranxas, pampullos e flores varias. Como xa é tradicional tódolos nenos/as de Infantil e as aulas vermella e amarela de Educ. Especial fixemos o noso Maio para cantarlle as coplas que tiñamos preparadas.
Xuntámonos todos no ximnasio para engalanar o Maio e facer un primeiro ensaio.



Despois todos xuntos cantamos as nosas coplas no Salón de Actos :
"Os de tres anos estamos aquí
cantandolle a este Maio
que é coma un xardin.
Cando comenzamos no Sagrado Corazón
eramos pequenos
agora xa medramos un montón.
Somos os de catro e imos cantar
que a primavera
imos festexar.
Estamos xa cansos de tanto chover
que cando o sol veña
medo nos vai ter.
Co Quixote celebramos
o Día do Libro deste ano,
todos vimos disfrazados 
e polos muiños pasamos.
Rematamos este Maio
con Mila ó noso lado,
para o ano voltaremos 
e outro Maio cantaremos."

¡Grazas a tódalas familias pola vosa colaboración!



No hay comentarios :

Publicar un comentario