Como facer un teatro

Nesta 4ª Unidade sobre os Medios de Comunicación, os alumnos/as de 5ºA de Infantil traballaron tamén o TEATRO.
Investigaron sobre todo o que é necesario para facer unha obra: escenario, butacas, carteis publicitarios, actores, decoración, expresións das emocións, etc. Grazas a toda esta investigación os nenos/as tiveron a idea de facer eles mesmos un pequeno teatro e de pedirlle a Juan (da Aula Verde) que nos axudara na representación.
O primeiro que fixeron foi a creación dun mural e cartel publicitario co:
- Título da Obra: Os sete cabritiños.
-Lugar: 2ºA de Inf.
- Data: Venres 28 de Marzo
- Prezo: 1€ (pintado)




Logo viñeron os ensaios e a creación do dalgúns decorados.



E finalmente chegou o día da obra: os actores preparados, os decorados colocados, o público comezaba a encher as butacas, silencio e....¡Arriba o telón!











Moitísimas grazas a todo o público que asistíu e a Juan da aula verde que tan ben representou ó Lobo.

Comentarios