Traballo cooperativo

Gústanos moito traballar en grupo, por iso cada vez que a mestra di "traballo cooperativo" rápido comezamos a facer os grupos e a dividirnos o traballo. Uns recortan, outros pegan, outros escriben... entre todos as cousas son máis divertidas e aprendemos un montón.
Nesta actividade tivemos que traer das casas publicidade de alimentos e nós mesmos elaboramos os carteis da froitaría, carnizaría, panadaría...
Mirade como traballamos...

Comentarios